sábado, 22 de octubre de 2016

XA NA ESO???



Hai tempo que tiña este blog un pouco aparcado! A verdade é que foi en parte por un problema técnico. Ao parecer tivemos certo ataque de "hackers" e bloquearon a conta pero hoxe, despois de varios ANOS, o señor (ou señora) Google envioume un código para restablecer o EduBlogue!!! Qué tempos aqueles?! Como pasaron os anos... Qué é da vosa vida?? Supoño que agora estaredes pola ESO!!! Se nalgún momento entrades no blogue, que saibades que segue a ser voso!! Así que... se queredes deixar algún comentario... pois eu encantado!!! Saúdos e moitos abrazos do profe Óscar!!

jueves, 12 de septiembre de 2013

BOA SORTE!!!


Saúdos nenos e nenas!!! Deséxovos de todo corazón que teñades un bo arranque de curso… Moito ánimo e moita sorte para esta nova aventura!!! Espero que ao longo do ano poida ter un oco para pasarme por ahí e saudarvos!!! Un saúdo moi forte. Recordos tamén para as vosas familias.  Óscar. 

martes, 9 de julio de 2013

Incredible English

Welcome to the Incredible English Student's Site. It has educational games, songs and stories.
Enjoy them!


sábado, 6 de julio de 2013

martes, 25 de junio de 2013

ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA NAS ILLAS CÍES

023

Clica na imaxe se queres ver o vídeo da actividade.

VISITA DA NAI DE BRAIS LÓPEZ.

O pasado martes, 18 de xuño, o alumnado de 5º de E. Primaria tivemos unha nova visita. Nesta ocasión Ana, a  nai de Brais, compartiu con todos nós un pouco do seu tempo.
Con ela tivemos a nosa primeira clase de Tecnoloxía. Foi unha auténtica experiencia poder contar cunha persoa tan atenta e paciente. Se clicades na imaxe poderedes ver un pequeno vídeo coas fotos da sesión. Mirade que proxectos fixemos!!!! Foi unha pasada...

 
Se queres descargar o vídeo clica aquí.

ISMAEL FIXO DAS SÚAS!!

O noso compañeiro Ismael fixo un esforzo titánico. Estivo preparando, con moita paciencia, unha presentación dixital que lle servise como apoio para dar a súa clase maxistral sobre os dinosaurios.
Todos quedamos abraiados do ben que o fixo!
Que grande Ismael!!!